Benvida: Saúdo do Alcalde

Alcalde

Como Alcalde–Presidente do Concello de Oímbra compráceme darlles a benvida á nosa páxina web, agradecéndolles o seu interese por visitar o noso municipio dende este portelo virtual.

Con estas páxinas, Oímbra acércase ás novas tecnoloxías da información, sendo a nosa intención, por unha banda, ofrecer información do noso Concello a todos os internautas, e de maneira moi especial a todos aqueles que tiveron que emigrar e que levan polo mundo a morriña do noso municipio. Por outra banda, ofrecer unha plataforma de información ó cidadán, dos servizos públicos, proxectos que se están desenvolvendo dende o consistorio, a nosa cultura, festas, patrimonio, así como a súa excelente e variada calidade de produtos de horta... En definitiva, o pasado, presente e futuro dun pequeno municipio rural, cheo de encantos e natureza que lle convidamos a descubrir.

D. Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde-Presidente do Concello de Oimbra

Imaxe aleatoria

Concello

Valid XHTML 1.0
Valid CSS2