O Punto de Información Catastral (PIC) é un servizo que realiza o Concello de Oímbra, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda.
Este servizo é gratuito para tódolos veciños e veciñas.
A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro, así pois neste punto se expediran unha serie de certificación catastrais.
O concello de Oimbra ofrece a maiores un asesoramento complementario e gratuito. Todos os 9 de cada mes, o concello, pon a disposición un servicio técnico para consultas particulares relacionadas con cuestións catastrais. (Cando o día 9 coincida en fin de semana, este servizo, pasará o luns posterior)
Os servizos pódense solicitar na Casa do Concello.