Escudos

Pertencen ao chamado “Pazo de Oímbra”, que está situado na esquina sueste da praza e rúa maior do pobo de Oímbra. Este pazo foi o lugar de lecer e repouso dos condes de Monterrei, estando en pleno auxe dende mediados do século XVII ata finais do XVIII, empezando a decaer posteriormente. O escudo atópase nunha parede do interior. Fóra da casa-pazo e achegado á mesma, formando parte do conxunto arquitectónico atópase unha capela de forma rectangular en pedra granítica coa súa espadana e campá.

patrimonio escudos oimbra

 

Cruceiros

Como o patrimonio etnográfico é produto da actividade do home sobre o medio, neste Concello levouse a unha caracterización singular aportándolle unha identidade propia, expresada nunha rica cultura tradicional, existindo Cruceiros de importancia nas localidades de San Cibrao, Espiño ou Casas dos Montes.

Os Cruceiros e os petos de ánimas son dúas interesantes manifestacións da arquitectura relixiosa popular, dun importante valor artístico e considerado como un dos maís importantes da Diócese de Ourense temos o Cruceiro de San Cibrao.

Cruceiro de San Cibrao

Situado na parte oeste da localidade, é un dos máis importantes da diócese de Ourense. Na súa base, gravada en pedra granítica, atópase unha inscripción na que se le “Esta obra mandouna facer Francisco Crespo -ano 1754-“. Na mesma pedra aparece pola parte leste outra inscripción coas letras “IHS” e polo oeste o signo da súa época.