Igrexa de Santa María das Neves
Está enclavada na parroquia das Chás, pola súa arquitectura dá mostras dun estilo barroco que abrangue dende finais do século XVI ata mediados do XVIII, presentando certas reformas no século XIX. Destaca unha cruz do século XVII. Este templo está ao leste da localidade das Chás e o cemiterio parroquial atópase ao redor da igrexa. |
|
Igrexa de Bousés
Torre da igrexa do pobo de Bousés, de grande beleza, sendo construído o templo no século XVII de estilo renacentista. Posúe 210 metros cadrados e tres retablos laterais tamén do mesmo século. Dentro da igrexa existen varias imaxes, así como tamén no exterior que ten outras tres en pedra. |
|
Igrexa de Santa María de Videferre
Do século XIX e de estilo clásico galego, o máis destacable son as esculturas: piedade do século XVI do mestre Sobrado e unha Inmaculada que se lle pode atribuír a Xoán de Anxés
|
![]() |
Capela da Nosa Señora das Neves do Rosal
Con dúas fases na súa construcción: a 1ª en época moi antiga e a 2ª no século XVIII; atópase en moi bo estado de conservación. |
![]() |
Capela do Carme
|
Capela do Pilar |